14 may 2013

Viaxe a París 2013


O día 10 de Abril os alumnos de 3º da clase de Francés emprendemos unha viaxe a París acompañados dos profes Bruno e Lidia.
Saímos ás nove de Caldas e ás dúas da tarde xa estabamos en París.
No hotel repartimos as habitacións e comemos. Esa tarde visitamos o Sacre Coeur e Montmartre, onde entramos nun bar e nos cobraron 5€ por una botella de auga.
O xoves pola mañá tivemos que ir ó consulado porque un alumno perdeu o DNI. Quedou con Bruno e nos seguimos visitando con Lidia moitas igrexas e monumentos ata chegar ó Museo do Louvre. Comemos crepes, bocadillos e perritos calientes. Pola tarde subimos ó arco do triunfo, e hai que dicir que as escaleiras cansaban moito, pero coas vistas xa se nos pasou o cansanzo.
O venres  pola mañá fomos a Notre Dame e pasamos pola ponte do amor de Paris, onde os namorados deixan candados en mostra do seu amor e tiran a chave ó rio Sena.
Pola tarde fomos en barco polo Sena e despois de cear preto da Torre Eiffel, estivemos sacando fotos cando acenderon as luces. Logo subimos ata o segundo piso e volvemos no tren para o hotel.
O sábado pola mañá emprendemos unha longa viaxe en tren ata chegar a Disney Land, onde estivemos todo o día disfrutando das atraccións. Volvemos para o hotel a descansar, xa que tiñamos que ir almorzar ás cinco e media da mañá para marchar unha hora despois cara o aeroporto. Como era de esperar, moitos quedáronse durmidos, e tivemos que espertalos.
Collimos o avión e chegamos a Caldas á unha e media da tarde.
Hai que  decir que foi unha viaxe espectacular e chea de momentos divertidos e de grandes recordos para todos nós.

Un saúdo para a profe Ana de Francés, que non puido estar con nós nesta viaxe. Esperamos que estea ben e que volva canto antes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!